Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





22 jun 2010

Castelo acolle este domingo a fase final da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade


A polideportiva de Castelo (Culleredo), acollerá este domingo dende o mediodía e ata as dez da noite a fase final da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade, un campionato que se ven desenvolvendo todas as semanas dende o pasado mes de maio e que organiza a Asociación Castelo Deporte en colaboración coas concellerías de Mocidade e Voluntariado,
e de Deportes e Participación Cidadá do Concello de Culleredo.
Case dous centenares de mozas e mozos de todos os puntos de Culleredo participaron neste evento, cuxo obxectivo foi dende un primeiro momento dinamizar á mocidade cullerdense, especialmente a das parroquias rurais do concello. Foron catorce os equipos inscritos, e
na organización participaron máis de dez persoas.
O domingo, Castelo pechará a competición coas semifinais a dobre partido, o partido para o terceiro e o cuarto posto e a final, que se disputará contra as nove da noite. Os equipos ‘Fonteculler’, ‘O Burgo’, ‘As Torres’ e ‘Sésamo’ foron os catro primeiros clasificados da fase
regular, que polo tanto teñen acceso á xornada decisiva.
Á entrega de premios asistirán as autoridades do Concello de Culleredo,por parte das dúas concellerías que colaboraron no evento.
A Asociación Castelo Deporte habilitará para esta fase final o chamado ‘Castelo Lounge & Drink’, un servizo de bar para que participantes e público en xeral poidan xantar na propia polideportiva de Castelo e completar a última xornada de deporte no marco deste proxecto.

MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
http://www.castelodeporte.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario