Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





22 jun 2010

Axudas a asociacións para actividades relacionadas con os accidentes de tráfico

A Dirección Xeral de Tráfico, convoca a concesión de axudas a Asociacións, Fundacións, Entidades e Institucións sen ánimo de lucro en relación coas vítimas por accidentes de tráfico, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ao ano 2010.
Obxecto e finalidade. -Estas axudas teñen por obxecto o financiamento de actuacións dirixidas ao desenvolvemento institucional e ao apoio ao movemento asociativo e fundacional cuxo obxecto sexa a atención ás vítimas de accidentes de tráfico e os seus familiares e os seus programas de actuación.
As actividades subvencionadas haberán de realizarse no prazo comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro do ano 2010.
PRAZO

O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da Resolución no Boletín Oficial do Estado».

INFORMACIÓN
BOE do 18 de xuño de 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario