Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





22 jun 2010

DJ Goro, Strabismo, Hugo Torreiro e DJ Piñas & Ramón Gz. encabezarán o cartel do Castelo Music Festival 2010 do vindeiro 26 de agosto

O Castelo Music Festival 2010 comeza a coller forma logo de que este sábado, nun programa de radio especial que as asociacións Castelo Deporte e Sons de Base emitiron dende a praza de Europa (O Burgo), foron anunciados os gañadores do certame ETIQUEDIS, que dende o
mes de xaneiro procura a opinión de toda a mocidade galega para deseñar unha festa á medida de cada persoa.
Os gañadores do concurso, con máis de mil votos, foron os dj’s Piñas & Ramón Gz., seguidos polo cantautor coruñés Hugo Torreiro e Strabismo, un grupo procedente de Noia. Marxe Eskerda, Álvaro González e Maedi Visna completaron as seis primeiras posicións, que dan acceso ao evento.
A sorpresa foi a inclusión no cartel do evento dun dos deejays máis coñecidos de Galicia, Goro, que protagonizará a actuación estelar a noite do 26 de agosto na polideportiva de Castelo (Culleredo).
Máis de duascentas persoas seguiron o programa a través da rede en directo e ao redor de catrocentas presenciaron o evento na propia praza do Burgo ao longo das cinco horas que durou a emisión.

MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
www.castelodeporte.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario