Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





7 jul 2010

Ensinanzas Deportivas en Galicia

Convócanse probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2010-2011 (DOG do 2 de xullo de 2010).
1. Requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en Educación Secundaria e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en Educación Secundaria deberá ter 17 anos e superar a proba de madurez, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madurez poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
2. Requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madurea, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder.
c) A proba de madurez poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
O prazo para inscribirse nas probas estará aberto ata o día 31 de xullo de 2010.
Máis información no DOG do 2 de xullo e en www.edu.xunta.es/ea
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino

No hay comentarios:

Publicar un comentario