Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





1 dic 2010

Castelo Deporte lanza unha campaña de sensibilización na loita contra o SIDA


Con motivo da celebración, o vindeiro 1 de decembro, do Día Mundial da Loita contra o SIDA, a asociación Castelo Deporte lanza unha campaña de sensibilización, dirixida a toda a sociedade, pero de xeito específico á mocidade. A entidade cullerdense, que de xeito habitual comproba a escasa información que recibe este sector acerca dunha das primeiras causas de mortalidade no mundo, aposta deste xeito por facer chegar á poboación dun xeito directo e claro a importancia da prevención como mellor remedio ante a problemática.

Baixo o lema ‘O mellor regate ao SIDA témolo que facer xuntos’, a asociación pretende distribuir cartaces a través da rede de centros sociais do Concello de Culleredo, e ubicará un deles, de maiores dimensións, no centro da parroquia de Castelo.
Ademais, a campaña será difundida a través das redes sociais, onde Castelo Deporte está en contacto diario con milleiros de persoas de toda a comarca que participan de xeito habitual nas actividades da asociación. Os seus responsables teñen previsto provocar unha cadea de mensaxes a través das redes máis populares para facer chegar os obxectivos da campaña ao maior número de persoas.
MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
www.castelodeporte.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario