Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





7 jul 2010

Subvencións para o desenvolvemento da Sociedade da Información

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica convoca subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza.

As actuacións subvencionables estrutúranse nas seguintes liñas de actuación:
Liña A: eventos de promoción e difusión da Sociedade da Información.
Liña B: actuacións de difusión dirixidas á cidadanía en xeral.
Liña C: actuacións de difusión dirixidas ás pemes.
Liña D: investimentos necesarios para a promoción da sociedade da información nas entidades de interese social.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 2 de agosto de 2010.
Máis información no DOG do 30 de xuño de 2010
http://imit.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario