Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





4 may 2010

Integración laboral das persoas con discapacidade

A Consellería de Traballo oferta subvención as empresas ordinarias para diferentes modos de contratacións de persoas con discapacidade.
A finalidade deste programa é favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral mediante a súa contratación en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballo.xunta.es.
O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o 1 de xuño de 2010.

Máis información no DOG do 30 de abril de 2010 e en http://traballo.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario