Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





11 nov 2010

Invernízate con nós, actividades na natureza no albergue xuvenil de Gandarío

Invernízate con nós é un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña) durante a tempada de outono e inverno.
De entre as actividades nas que se poderá participar, destacan:
•Recoñecemento de estrelas
•Orientación nocturna
•BTT
•Tiro con arco
•Corda tirolesa
•Iniciación ao rapell
•Orientación …
Nel poderán participar aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude.As solicitudes cubertas entregaranse na oficina de información xuvenil do concello onde os demandantes teñan a súa residencia. No caso de que o concello non teña OMIX, será o departamento competente en materia de xuventude o encargado de recibir e tramitar as solicitudes
Máis información en www.xuventude.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario