Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





11 nov 2010

Anomar. VIII Concurso de poesía para rapaces e rapazas

A Asociación Recreativa Cultural Os Tilos convoca o VIII Concurso de poesía para rapaces e rapazas: ANOMAR
1. Quen pode participar?
Poden participar todos os rapaces e rapazas que están incluídos nas seguintes categorías:
Categoría 1ª.- Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos.
Categoría 2ª.- Rapaces e rapazas de 14 a 18 anos.
2. Como teñen que ser os poemas?
Cada rapaz ou rapaza poderá enviar un ou dous poemas, preferiblemente mecanografados (a máquina ou ordenador) ou senón escritos a man con boa letra.Os poemas poderán ocupar, como máximo, 100 versos e como mínimo 20 versos.O tema dos poemas é completamente libre, aínda que deberán ter un título.A lingua dos poemas deberá ser o galego.
3. Como enviar os poemas e cando?
Cada poema escrito debe enviarse, sen poñer o nome do rapaz ou rapaza, dentro dun sobre grande onde se indicará a categoría na que participa. Dentro do mesmo sobre grande, irá ademais un sobre pequeno, no interior do cal aparecerá unha folla cos seguintes datos: título do poema; nome do rapaz ou rapaza; enderezo, teléfono.
Despois hai que enviar o sobre grande (cos poemas e mais o sobre pequeño dentro), sen datos de quen o remite, ao seguinte enderezo:
VIII CONCURSO DE POESÍA ‘Anomar’ Asociación Recreativa e Cultural ‘Os Tilos’
Rúa Ameneiro núm.8 (baixos parroquiais)
(15894) Os Tilos - TEO
Os poemas enviaranse antes do 30 de novembro de 2010.
Máis información:
Teléfono: 981 819 501
arcostilos@arcostilos.org
www.arcostilos.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario