Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





11 may 2010

Europa ao teu alcance

Programa xuventude en acción. A xuventude no mundo: Cooperación con países non veciños da Unión Europea.
O obxecto da presente convocatoria de propostas é apoiar proxectos que promovan a cooperación no ámbito da xuventude entre os países participantes no programa «A xuventude en acción» e os países socios que non son veciños da Unión Europea (aqueles que subscribiron coa Unión Europea un acordo no ámbito da xuventude). Nesta convocatoria ofrécense subvencións a determinados proxectos.
Os proxectos deberán comezar entre os días 1 de novembro e 31 de decembro de 2010, cunha duración mínima de 6 meses e máxima de 12.
As solicitudes deberán enviarse como moito o 17 de maio de 2010 á seguinte dirección:
Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural
Programa «A xuventude en acción» - EACEA/11/10
BOUR 4/029
Avenue du Bourget 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Máis información sobre os obxetivos e as preferencias de selección no
DOUE do 16 de marzo de 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario