Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





23 may 2011

Publicada no DOG a orde de subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades enmarcadas no programa Servizo de Vol

Orde do 12 de abril de 2011 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Data de publicación: DOG núm.89, do 9 de maio de 2011.

A Consellería de Traballo e Benestar e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado consideran de máximo interese colaborar na promoción de actividades no ámbito do voluntariado, actuacións que necesariamente
deberán influír no desenvolvemento comunitario.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2011.

Este programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e aos concellos e mancomunidades de municipios inscritos no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia a mozos e mozas galegos/as para a súa colaboración como voluntarias/os na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro das áreas prioritarias a que se refire o parágrafo 3 deste artigo.

Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e concellos e mancomunidades de municipios sempre que a esta acción voluntaria se desenvolva por mozos/as de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas:

–Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
–Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
–Actividades con colectivos en situación de risco.
–Actividades xuvenís.
–Actividades ambientais.
–Actividades relacionadas co Ano Europeo do Voluntariado.
–Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 10 de xuño do 2011.

Prazo para a realización das actividades:do 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2011.

Remate do prazo para xustificar: ata o 15 de outubro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario