Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





11 may 2010

Ofertas de Emprego Privado

Oferta Nº 973870 Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Perruqueiro/a
Salón de peiteado de recente apertura precisa persoal con experiencia mínima de cinco anos no posto. Necesario Ciclo Medio en Perrucaría.
Traballo a xornada completa, incorporación inmediata.

Oferta Nº 975087
Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Docente "Curso de Xestor Financeiro"
Precísase persoal con experiencia dun ano como docente e ter obtida a Diplomatura en Ciencias Empresariais, Licenciatura en ADE, en Economía ou en Dereito. Incorporación en xuño en horario de mañá de luns a venres.

Oferta Nº 975040
Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Asesor/a comercial
Precísase persoal maior de 18 anos para realizar distribución e venda de lencería e xoguetes eróticos. Traballo compatible con outras actividades. Ofrecen comisións por venda.

Oferta Nº 974979
Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola
Consultora de formación precisa incorporar persoal para impartir cursos en cooperativas agrarias: benestar e nutrición animal, contaminación e xestión de residuos, produción e conservación de forraxe, etc. Necesaria experiencia como docente e carné B. Ofrecen traballo a media xornada.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

No hay comentarios:

Publicar un comentario