Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





25 may 2010

Asociacionismo e a participación das mulleres

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.
As axudas poderán ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, nas áreas de actuación da muller ou de igualdade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2010.
Máis información no DOG do 24 de maio de 2010 e en www.igualdadegalicia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario