Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





18 may 2010

Bolsas de colaboración en departamentos das universidades do SUG destinadas ao alumnado de excelencia académica

• Poderán solicitar estas axudas e ser beneficiarios delas as alumnas e alumnos universitarios que, ademais dos requisitos xerais exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reúnan os seguintes requisitos:
• Non estar en posesión ou en disposición legal de obter o título académico de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.
• Matricularse no curso académico 2010-2011, en calquera das tres universidades que compoñen o SUG, no último curso dos estudos conducentes a unha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto na totalidade das materias ou créditos que lle resten para rematar os seus estudos, excluíndo do mencionado cómputo o proxecto fin de carreira. O alumnado que actualmente curse ensinanzas universitarias recollidas na Lei de reforma universitaria (LRU) deberá ter superado no momento de formalización da matrícula do curso 2010-2011, o primeiro ciclo e o 45 % dos créditos que integran o segundo, con excepción do alumnado de medicina que deberá ter superado o 60 %. O alumnado que curse ensinanzas de grao deberá ter superado o 72% dos créditos da titulación.
• Presentar o proxecto de colaboración.
• Posuír unha nota media simple no seu expediente académico igual ou superior a 2, calculada cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito, o 21 de febreiro de 2005, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
Secretaría Xeral de Universidades
Edificio administrativo de San Caetano
15781 Santiago de Compostela
http://www.edu.xunta.es/

Publicación:
DOG: 07-05-2010


prazo até 07-06-2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario