Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





4 may 2010

Educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e setembro.
Contidos da proba:
a) comunicación.Exercicios das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira.
b) Ámbito científico-tecnolóxico. Abrangue exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física.
c) O ámbito social. Abrangue exercicios das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos da percepción correspondentes ás materias de educación plástica e visual e música.
Os prazos de matrícula serán:
-Proba de xuño: 18 ao 28 de maio, ambos os dous incluídos.
-Proba de setembro: do 1 ao 3 de setembro, ambos os dous incluídos.
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 10 de xuño e 10 de setembro para as respectivas convocatorias.

Máis información no DOG do 3 de maio de 2010 e en www.edu.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario